Ir o contido principal

O Campus de Lugo súmase aos actos de conmemoración do Día Internacional do Voluntariado

O Servizo de Voluntariado do Campus de Lugo sumarase este mércores, día 5, á celebración, por primeira vez, do Día Internacional do Voluntariado, organizado en colaboración con outras entidades como a Fundación Secretariado Xitano, Valponasca, Cáritas. Aspnais, Juan Soñador, Ateivo e a Asociación de mulleres separadas e divorciadas.
Os actos de conmemoración deste día terán lugar no Club Cultural Babel, situado na rúa San Roque, a partir das 20:00 horas. Abrirá o programa unha conversa con María Reimóndez Meilán, fundadora da nova organización non gobernamental de cooperación Implicadas/os no desenvolvemento.
Ás 23:00 horas haberá un concerto a cargo do grupo musical Stranniki (Trotamundos), unha viaxe sonora ao longo de diversas músicas populares de distintos países entre os que se atopan o folclore ruso, os tangos, sons latinos, jazz, cabaret, flamenco, fados ou muñeiras.
Os actos estarán complementados coa exposición ‘Voluntariado lucense en imaxes’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.12.2007.