Os campus de Santiago e Lugo contarán os días 13 e 14 con puntos de vacinación específicos para a comunidade universitaria

É unha iniciativa da autoridade sanitaria dirixida especificamente ao conxunto da comunidade universitaria, alumnado, incluído o de programas de mobilidade, PAS e PDI pendentes de vacinar
Lugo,
Santiago de Compostela
Os días 13 e 14, tanto no Campus de Santiago como no de Lugo, a autoridade sanitaria habilitará puntos de vacinación COVID para integrantes da comunidade universitaria de ambas cidades pendentes de vacinación. O proceso realizarase sen necesidade de cita previa e dirixido a alumnado, incluíndo o procedente de programas de mobilidade, PDI e PAS pendentes de vacinación.
No Campus de Santiago, as persoas interesadas poderán acudir ao Auditorio Roberto Vidal Bolaño no Campus Vida, en horario de 9.00 a 20.00 horas de xeito ininterrompido. No caso do Campus de Lugo, o punto de vacinación estará localizado na zona de acceso ao Salón de Actos da Facultade de Veterinaria de 10.30 a 13.30 e de 15.00 a 18.30.