Ir o contido principal

O Campus Terra da USC, un novo activo da cooperación internacional

Vista aérea do Campus Terra da USC
Vista aérea do Campus Terra da USC
Docentes e investigadores da USC ligados ao Campus Terra participan en programas universitarios agrarios e agroalimentarios en Mongolia co proxecto APFAA, impulsado ao abeiro do programa europeo Erasmus Plus
Lugo

O Campus Terra da USC ofrece apoio educativo e participa en programas universitarios agrarios e agroalimentarios en Mongolia como socio do proxecto internacional APFAA, unha inciativa que conta con financiamento ao abeiro do programa europeo Erasmus Plus e no marco da que se desenvolverán actividades orientadas á creación de capacidades no campo da educación superior e de apoio á cooperación cos países socios.

Este tipo de proxectos apoian a modernización, accesibilidade e internacionalización da educación superior nos países socios. O obxectivo é fomentar a cooperación entre a UE e os países socios apoiando aos países socios elixibles para afrontar retos na xestión e gobernanza das súas institucións de educación superior.

APFAA é un proxecto estrutural que ten como obxectivo promover reformas nos sistemas de educación superior, modernizar as políticas, gobernar e reforzar as relacións entre os sistemas de educación superior e o entorno económico e social. O proxecto desenvolvese en Mongolia co apoio da USC e outros socios de Francia, Mongolia e Romanía.

Máis información en https://apfaa.agrocampus-ouest.fr/en/erasmus-programme.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.06.2020.