O Campus de Verán de Guitiriz abrirá a súa programación cun curso sobre ‘Paisaxes simbólicas na nosa cultura’
O Campus de Verán de Guitiriz arrancará co curso ‘Paisaxes simbólicas na nosa cultura’, unha acción formativa estival que se celebrara entre os días 20 e 22 de xullo na Casa Habanera de Guitiriz baixo a dirección de Roxelio Pérez Moreira. O programa favorecerá o achegamento dos asistentes a cuestións que reflexionarán sobre o uso simbólico das paisaxes, a imaxes do xardín do Edén nos claustros dos mosteiros galegos, a relacións entre simbolismo e arquitectura, cruceiros e cruces na paisaxe galega, a paisaxe rural na arte pictórica galega ou os bosques e a natureza como fonte de simbolismo. As distintas intervencións estarán protagonizadas por docentes da USC, da Universidade Nacional a Distancia, así como por escritores, etnógrafos e investigadores do patrimonio cultural, arqueólogos ou investigadores da mitoloxía popular e da literatura de tradición oral. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden visitar a páxina web do curso http://www.usc.es/cultura/uveran27_11.htm.