Ir o contido principal

campUSCulturae organiza unha xornada formativa sobre Radio Intercultural e Comunitaria

O proxecto europeo campUSCulturae organiza unha xornada formativa sobre Radio Intercultural e Comunitaria, impartida por un equipo docente da Universidade de Sonora (México), onde se desenvolve desde hai anos a experiencia de Voz Radio On Line. A directora xeral desta experiencia, a profesora Marcela Martínez Preciado, estará acompañada por Christian Angélica Palafox, directora de programación da emisora, e por Jonás Galindo Siqueiros, locutor e redactor de Voz Radio On Line. A xornada formativa celebrarase na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC este mércores 17, de 15.00 a 19.00 horas. Para poder participar nesta xornada formativa é necesario formalizar a inscrición previa escribindo ao e-mail campusculturae [at] usc.es (campusculturae[at]usc[dot]es). As vinte prazas dispoñibles cubriranse por rigoroso orde de solicitude. A inscrición é gratuíta e dá dereito á consecución dun diploma de participación con recoñecemento europeo. campUSCulturae propón un diálogo entre as Humanidades e as Ciencias, recoñecendo a capacidade creativa que cada un deste eidos do saber pode achegar ao outro. Trátase dunha iniciativa de carácter interdisciplinar e transversal no que están implicados a Facultade de Ciencias da Comunicación, a Biblioteca Xeral da USC, a Área TIC e a Oficina de Investigación e Tecnoloxía (OIT). O proxecto conta como socios institucións universitarias e sociedades culturais de Bulgaria, Islandia, Polonia, Alemaña e Portugal.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.10.2012.