Ir o contido principal

Cancións por regalos no Colexio de Fonseca

O Salón Artesoado do Colexio de Fonseca acollerá o domingo, 3 de xaneiro, a actividade solidaria ‘Cancións por regalos’ na que catro artistas mostrarán unha parte do seu repertorio a cambio de que os asistentes leven un regalo para un neno ou unha nena.
O espectáculo, que se desenvolverá entre as 19:00 e as 20:30 horas, está organizada por Ernie Producciones en colaboración coa Vicerreitoría de Cultura da USC, Xacobeo, Caixanova, Círculo das Artes de Lugo e a ONG Vida Digna, encargada esta última de repartir os regalos entre os máis necesitados.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.12.2009.