Ir o contido principal

As candidaturas ás eleccións municipais en Santiago preséntanse ao consello de dirección da USC

O consello de dirección da USC recibirá o mércores, 2 de maio, aos membros das candidaturas do PP, BNG e PSOE que se presentan ás eleccións municipais do 27 de maio. Nas xuntanzas presentaranlles o seu programa electoral e moi especialmente o que atinxe á Universidade en relación coa cidade.
O primeiro destes encontros será coa candidatura do PP que encabeza Gerardo Conde Roa e terá lugar ás 9:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. Deseguido, ás 11:00 horas tamén en San Xerome, presentaralle a súa lista o grupo do BNG con Nestor Rego como candidato a alcalde. Finalmente, os membros que compoñen a lista socialista de Xosé Sánchez Bugallo reuniranse co equipo de dirección da USC ás 20:00 horas na Casa de Europa (Parque de Vista Alegre s/n).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.04.2007.