Ir o contido principal

Capela Compostelana ofrece este luns un concerto no Círculo das Artes de Lugo no marco do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’

Capela Compostelana, nunha imaxe de arquivo
Capela Compostelana, nunha imaxe de arquivo
A actuación da formación dirixida por Miro Moreira comezará ás 20.30 horas. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo

A Capela Compostelana ofrece este luns, a partir das 20.30 horas, no Círculo das Artes de Lugo, no marco do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, un programa de música de cámara organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

A formación dirixida por Miro Moreira, que estará acompañada por varios solistas durante a súa actuación, ofrecerá na capital luguesa un repertorio de música barroca do século XVII, a través da que o público poderá viaxar a través de dous continentes situados a un e ao outro lado do Atlántico.

O concerto antóllase como unha mostra de como a música non litúrxica, pero si relixiosa, pode ser vehículo certeiro de evanxelización, non só en diferente idiomas, senón tamén en diferentes estilos nacionais e dirixidas a diferentes culturas. A entrada ao concerto é libre e de balde ata completar o aforo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.05.2019.