Ir o contido principal

Carmen García Jares, nova académica correspondente da Real Academia de Farmacia de Galicia

Carmen García Jares, en primeiro termo e no centro da imaxe, suma unha traxectoria docente de máis de 30 años. FOTO: Real Academia de Farmacia de Galicia
Carmen García Jares, en primeiro termo e no centro da imaxe, suma unha traxectoria docente de máis de 30 años. FOTO: Real Academia de Farmacia de Galicia
A profesora da USC pronunciou o discurso de ingreso titulado ‘Seguridade dos produtos cosméticos’
Santiago de Compostela

A catedrática de Química Analítica da USC Carmen García Jares ingresou como académica correspondente na Real Academia de Farmacia de Galicia cun discurso titulado ‘Seguridade dos produtos cosméticos’. A profesora Jares é directora do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, ademais de investigadora do Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais da USC (CRETUS). Actualmente coordina o Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento de Solucións Analíticas (LIDSA) e suma unha traxectoria docente de máis de 30 años.

Entre as súas liñas de traballo destaca o desenvolvemento de metodoloxías analíticas baseadas en técnicas cromatográficas e tratamento da mostra con técnicas de mínima xeración de residuos, que foron aplicadas á caracterización de produtos naturais (destacando a uva e o viño) e aos subprodutos derivados da súa transformación, ao control ambiental de contaminantes prioritarios e emerxentes, e ao control da seguridade dos produtos de consumo e de coidado persoal. Esta catedrática da USC ten participado en máis de 80 proxectos e contratos de investigación e publicou preto de 200 traballos entre artigos,  monografías e capítulos de libros.

No acto institucional celebrado no Antigo Hospital de San Roque e logo do discurso de presentación a cargo do académico de número emérito, José Miñones Trillo, García Jares profundou na relevancia de dispor de metodoloxías de análise robustas e fiables que permitan realizar un estrito control da calidade e seguridade dos produtos cosméticos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2022.