Os carteis da mellor cinematografía da Chequia de finais do XX, nunha mostra na USC
Os carteis das mellores películas checas entre 1960 e 1989 xunto aos de cintas españolas presentadas nesa República naquela época conforman unha mostra que se inaugurará este xoves, día 13, na Facultade de Ciencias da Comunicación.
O acto terá lugar ás 20:00 horas e a el asisten o vicerreitor de Cultura, Elias J. Torres; o director do Centro de Linguas Modernas da USC, Ignacio Palacios; a directora do Centro Checo de Madrid, Adriana Krasova; e o galerista e comisario da mostra Pavel Rajcan.
A exposición ‘Cartaces de Cine de Checoslovaquia, 1960-1989’, producida polo Centro Checo Madrid coa colaboración do Centro de Linguas Modernas e da Galería Terryho Ponoky, chega agora a Compostela logo de percorrer festivais de cine por toda España.
Na mostra achégase unha colección de carteis de cine orixinais tanto de películas checas coma estranxeiras presentadas nese país, entre elas, as españolas Carmen ou Viridiana.