A Cátedra do Pan e do Cereal da USC bota a andar o primeiro panel profesional de cata de pan no Campus Terra
A Cátedra do Pan e do Cereal da USC botou a andar este xoves na Facultade de Veterinaria do Campus Terra o primeiro panel profesional de catadores de pan, un equipo formado por dez persoas e instruído previamente para a determinación das características organolépticas deste produto que comezou onte a esbozar e homoxeneizar a terminoloxía que servirá para definir os diferentes rasgos e propiedades sensoriais deste produto alimenticio
A catedrática da Área de Tecnoloxía de Alimentos da USC e directora da Cátedra do Pan e do Cereal da USC, Ángeles Romero, foi a encargada de guiar esta primeira sesión do panel profesional de cata de pan no marco dunha xornada na que tamén participou o xerente de Panadería Da Cunha, Manuel Da Cunha, ademais de Belén García Gómez, quen se ocupou de labores de intendencia e organización. Manuel Da Cunha, que achegou aos catadores distintos tipo de pan de produción artesanal elaborados e comercializados por Panadería da Cunha, abriu a sesión cunha breve indicación relativa ás características dos catro tipos de pan (moño, raíña, chapata e viaxeiro) sometidos a análise por parte dos elenco de catadores/as e que logo serán contrastadas cos resultados emitidos polos integrantes do panel de catadores. O obxectivo deste primeiro panel profesional de catadores de pan pasa por elaborar unha ficha de cata o máis versátil posible, segundo indicou Ángeles Romero. A directora da Cátedra do Pan e do Cereal da USC sinalou, sen embargo, que esta primeira sesión, durante a que se avanzou na consensuación da terminoloxía a acaída para empregar na futura fixa de cata de pan completarse con novas xornadas nos que as persoas que integran este panel de cata afondarán nas análises da diferente tipoloxía de pan galego. Tres dos catadores seleccionados, durante a sesión celebrada en Veterinaria