Ir o contido principal

A Cátedra Unesco 226 de Migracións celebra o seu sexto ciclo de conferencias

O sexto ciclo de conferencias da Cátedra Unesco 226 de Migracións comeza este xoves 6 na Facultade de Xeografía e Historia, baixo a coordinación do profesor Julio Hernández Borge.
A quenda de intervencións arrancará ás 10:00 horas na Aula 14 co relatorio do profesor da Universidade de Huelva David González Cruz titulado ‘A visión sobre os estranxeiros na monarquía hispánica durante a Guerra de Sucesión’. Tomando o relevo, o docente da USC Roberto J. López falará sobre ‘De aliados a enemigos. As imaxes dos estranxeiros en Galicia durante o século XVIII’.
A partir das 12:30 horas, Mª de los Ángeles Verea, do IB A Coruña, será quen peche o ciclo falando sobre ‘Os desprazamentos estacionais dos telleiros do Baixo Miño (1750-1900)’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.05.2010.