Ir o contido principal

A catedrática Alba Nogueira asesorará o Goberno da Generalitat de Cataluña no seu proceso de reforma administrativa

Alba Nogueira intégrase da comisión de persoas expertas creada polo Goberno catalán. Foto: Charo Lopes
Alba Nogueira intégrase da comisión de persoas expertas creada polo Goberno catalán. Foto: Charo Lopes
A profesora da USC participa como experta no marco da liña de investigación do grupo Armela para simplificar e mellorar a atención administrativa a persoas vulnerables

A catedrática de Dereito Administrativo da USC, Alba Nogueira López, acaba de ser nomeada membro do grupo de persoas expertas que asesorará o Goberno da Generalitat de Cataluña no proceso de reforma administrativa que se iniciou formalmente este 20 de novembro nun acto no Palau da Generalitat presidido polo presidente Salvador Illa.

A Comisión de Expertos para a Definición da Estratexia de Transformación da Administración da Generalitat de Catalunya e a Mellora dos Servizos Públicos ten a misión de propoñer medidas nos doce ámbitos prioritarios de traballo que establece o acordo polo que se crea o grupo. Nogueira participa como experta no marco da liña de investigación que sigue o grupo Armela, do que é investigadora principal, sobre a simplificación e mellora da atención administrativa a persoas vulnerables.

Como resultado do proxecto ‘Vulnerabilidade, dereitos sociais e boa e-Administración’ da convocatoria Retos da Axencia Estatal de Investigación, o grupo Armela está levando a cabo estudos de referencia neste ámbito ademais de actividades de transferencia a Administracións públicas e entidades do terceiro sector.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.11.2024.