Ir o contido principal

A catedrática Carmen Rodríguez recibe a beca de honra do Colexio Maior Rodríguez Cadarso

A catedrática do Departamento de Estatística da USC Carmen María Rodríguez Cadarso recibirá este mércores, 3 de xuño, a Beca de Honra do Colexio maior Rodríguez Cadarso.
O acto, que terá lugar ás 21:00 horas no propio Colexio, será presidido polo vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José Manuel Mayán, e nel o profesor Manuel Bermejo Patiño, comisario da mostra ‘Cadarso: un reitor para un país’ e coordinador do libro co mesmo título, pronunciará unha breve conferencia sobre a figura do antigo reitor.
Participarán ademais a directora da Área de Residencias e a profesora Elena Vázquez Cendón, que foi vicerreitora de Estudantes con competencias sobre o Servizo Universitario de Residencias e tamén é becaria de honra do Colexio.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.06.2009.