O catedrático Carlos Acuña Castroviejo pronuncia unha conferencia na Academia de Medicina
O catedrático da USC Carlos Acuña Castroviejo pronunciará este xoves 17 unha conferencia na Real Academia de Medicina de Galicia (r/ Durán Loriga, 10. A Coruña) da que é académico numerario titular de Fisioloxía. A conferencia, a desenvolver a partir das 19:30 horas, leva por título ‘Cerebro e consciencia’. Nela explicará como a consciencia, que intrigou a filósofos e científicos durante séculos, non foi ata hai pouco obxecto de estudo da neurociencia e exporá as tres perspectivas desde as que se pode abordar como son o acceso durante as emocións, en pacientes neurolóxicos e, finalmente, como unha forma de toma de decisións.