Ir o contido principal

O catedrático David Suárez Quintanilla acaba de ser nomeado académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia

David Suárez Quintanilla
David Suárez Quintanilla

O catedrático de Ortodoncia David Suárez Quintanilla ocupará a cadeira de Odontoestomatoloxía da Real Academia de Medicina e Cirurxia de Galicia da que acaba de ser elixido académico numerario. O discurso de ingreso que pronunciará proximamente o profesor Suárez Quintanilla estará dedicado ao tema ‘Paradigma e Técnicas Clínicas na Ortodoncia e Ortopedia Dentofacial contemporánea’.
Director do Máster de Ortodoncia e Ortopedia Dentofacial da USC, David Súarez é ademais codirector do Servizo Universitario de Investigación e Tratamento das Deformidades Dentofaciais e integrante de diversas institucións europeas da especialidade como da European Orthodontic Society.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.12.2009.