Ir o contido principal

O catedrático Enrique Raviña actualiza nun novo libro os estudos relativos á evolución histórica do descubrimento de medicamentos

O catedrático Enrique Raviña actualiza nun novo libro os estudos relativos á evolución histórica do descubrimento de medicamentos
O catedrático Enrique Raviña actualiza nun novo libro os estudos relativos á evolución histórica do descubrimento de medicamentos

The evolution of drug discovery. From traditional medicines to modern drugs é o título dun novo libro do catedrático de Química Orgánica Enrique Raviña, que se vai presentar publicamente o vindeiro martes 24 a partir das 19:00 horas nun acto que se vai celebrar na Academia de Farmacia de Galicia (antigo Hospital de San Roque, r/ San Roque, 2) e ao que tamén asistirá o reitor Juan Casares. A obra representa unha nova versión actualizada doutro libro do profesor Raviña publicado pola USC en 2008, Medicamentos, no que tamén propón unha viaxe ao longo da evolución histórica dos descubrimentos de fármacos. Neste senso, o autor sinala que unha parte importante do contido da versión española está incluído nesta nova edición, especialmente fotografías, ilustracións e imaxes. O libro parte da experiencia acumulado polo profesor Raviña nos seus trinta anos de docencia arredor de materias sobre Química Farmacéutica e Medicinal. Dirixido ao público interesado, aínda que particularmente a estudantado de Ciencias da Saúde e de titulacións experimentais como Química ou Bioloxía, o libro, profusamente ilustrado, realiza unha percorrido dende os inicios da farmacoloxía ata a industria actual, enumerando os máis destacados éxitos e fracasos arredor da innovación no deseño de fármacos así como os seus descubridores. Neste senso, o autor tentou desenvolver unha obra sobre fármacos cun nivel científico medio-alto que tente satisfacer a curiosidade respecto dos medicamentos que teñen feito posible o nivel de saúde do que goza a sociedade actual, a súa orixe, o contexto no que foron descubertos e a traxectoria do seu desenvolvemento. Así, a obra busca transmitir aos futuros profesionais o extraordinario rol desenvolvido polos medicamentos sen elaborar a partir das plantas orixinais como o opio, ou das de orixe animal, como a insulina; e pon de manifesto, como antigos medicamentos e drogas atópanse na orixe de numerosos medicamentos amplamente usado na actualidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.05.2011.