Ir o contido principal

O catedrático Enrique Raviña presenta o seu libro Medicamentos. Un viaje a lo largo de la evolución histórica del descubrimiento de fármacos

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, preside este venres 20 o acto de presentación do libro Medicamentos. Un viaje a lo largo de la evolución histórica del descubrimiento de fármacos da autoría do catedrático do Departamento de Química Orgánica da USC Enrique Raviña Rubira. A publicación presentarase ás 12:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
Estruturada en dous volumes, a obra constitúe unha rigorosa descrición histórico-evolutiva do descubrimento de medicamentos desde os primeiros tempos ata a actualidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.06.2008.