O catedrático Joaquín Sánchez Guillén doa exemplares do seu último libro á Facultade de Física
O catedrático de Física Teórica da USC, Joaquín Sánchez Guillén, acaba de doar á Biblioteca da Facultade de Física varios exemplares do seu último libro, L. E. Boltzmann. El científico que se adelantó a su tiempo, el hombre que lo vivió intensamente.
A vida e o legado dun dos científicos máis importantes da segunda metade do século XIX, L. E. Boltzmann, son o argumento desta obra que se mergulla nas particularidades do considerado principal creador da mecánica estatística e figura esencial na transición da Física clásica á moderna. Segundo o catedrático da USC, Boltzmann foi un dos últimos xenios universais.
Respecto da transcendencia das ideas de Boltzmann, Sánchez Guillén asegura a súa vixencia esténdese ao tempo presente ao contribuír “experimentalmente a establecer, demostrar e profundar na teoría electromagnética”. “Sentou as bases para que todo o Universo puidera entenderse científicamente”, engade o catedrático.