O catedrático José Luis Carro, convidado a unha estadía na máis alta institución alemá en Ciencias Administrativas
A prestixiosa Escola Superior de Ciencias Administrativas de Speyer (Alemaña) acaba de convidara o catedrático de Dereito Administrativo da USC, José L. Carro, a participar nas súas actividades académica, polo que o profesor iniciará en breve unha estadía nesta institución alemá.
A citada Escola é unha institución central no sistema federal xermano que ten como misión a formación de altos funcionarios e a investigación avanzada en materia xurídico administrativa.
Esta invitación engádese ás xa recibidas de numerosas institucións universitarias e administrativas dos principais países europeos, o que constitúe unha boa proba da calidade e excelencia da traxectoria científica de José L. Carro, coordinador dun numeroso equipo de investigadores de distintas universidades.