Ir o contido principal

O catedrático Máximo Pló reflexiona en Física sobre a situación da central nuclear Fukushima en Xapón

O catedrático de Física Atómica, Molecular e Nuclear, Máximo Pló, impartirá este xoves 31 unha conferencia na que reflexionará arredor do ocorrido en Xapón na central nuclear Fukushima a raíz do tsunami posterior ao terremoto de 9 graos na escala Ritcher. Dirixida a todos os públicos e con entrada libre ata completar o aforo, a conferencia comezará a partir das 20:15 horas na Aula Manga da Facultade de Física promovida pola Asociación Científico-Cultural Isaac Newton AISNE co título ‘Fukushima: qué sucedeu nos reactores da central xaponesa?’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.03.2011.