Ir o contido principal

O catedrático de Psicoloxía do Traballo Jesús Salgado, nomeado fellow da Asociación Internacional de Psicoloxía Aplicada

O profesor Salgado recibiu o nomeamento do transcurso celebrado en Montreal
O profesor Salgado recibiu o nomeamento do transcurso celebrado en Montreal

O catedrático de Psicoloxía do Traballo e Recursos Humanos da Facultade de Relacións Laborais Jesús Salgado acaba de ser nomeado Fellow da International Association of Applied Psychology (IAAP), a máis alta distinción deste colectivo. O profesor Salgado é o primeiro psicólogo do traballo e das organizacións español en recibir este recoñecemento.

O nomeamento quere distinguir aos profesionais que teñan feito achegas substanciais para o avance do coñecemento no ámbito da psicoloxía aplicada. A IAAP é a maior e máis antiga organización mundial de psicólogos con membros de máis de 80 países dos cinco continentes, fundada en Xenebra en 1920.

O catedrático Jesús Salgado é coordinador do grupo de investigación en Recursos Humanos e Rendemento da USC. O seu nomeamento produciuse no transcurso do seu congreso que congregou en Montreal a 3.500 profesionais de todo o mundo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.07.2018.