Ir o contido principal

O catedrático da Universidade Libre de Berlín, Ulrich Abram, intervén con dúas conferencias no seminario de novos materiais moleculares

O catedrático do Instituto de Química e Bioquímica da Universidade Libre de Berlín, Ulrich Abram, intervén finalmente este venres 15 dentro do Seminario de novos materiais moleculares que organiza o grupo de investigación que dirixe o profesor Castiñeiras, do Departamento de Química Inorgánica da USC. A participación do profesor Ulrich estaba prevista para a semana pasada pero tivo que aprazarse a última hora. Ulrich pronunciará dúas conferencias na Sala de graos de Facultade de Farmacia. A primeira, ás 10.30 horas, titulada ‘Radiochemistry and radiopharmacy’ e unha segunda ás 12.00 sobre ‘Technetium and Rhenium – Coordination and organometallic chemistry with nuclearmedical background’. O profesor Abram é autor de máis de 300 publicacións nas máis prestixiosas revistas científicas internacionais nos campos da Química de Coordinación, Bioinorgánica e Médica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.06.2012.