O catedrático da Universidade de Valencia José Miguel Embid Irujo conducirá unha xornada sobre a crise económica e o Dereito de Sociedades
O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) organiza o luns 23 unha conferencia sobre a ‘Crise Económica e o Dereito de Sociedades’, que impartirá o catedrático de Dereito Mercantil da Universidade de Valencia José Miguel Embid Irujo. O profesor Embid é un dos máis recoñecidos expertos na análise da organización xurídica das empresas que adoptan a forma de sociedades mercantís. A sesión estará aberta a todas as persoas interesadas e celebrarase a partir das 10.45 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito. A organización desta actividade tenta reflexionar arredor da realidade das empresas entendidas como sociedades mercantís sometidas ao reto da adaptación para superar a crise económica e recuperar o crecemento. A este respecto e como apunta o CEDE, a Unión Europa está a establecer liñas estratéxicas para a recuperación, onde o Dereito ten un relevante papel que xogar nelas. Aberto a toda a comunidade universitario, as persoas que formalicen a súa inscrición neste acto (para o que deberán enviar un correo a cede [at] usc.es (cede[at]usc[dot]es) ou ben na mesma sesión), acadarán un diploma de asistencia.