Ir o contido principal

O catedrático da USC Darío Villanueva leva a figura de McLuhan ao Ateneo

O catedrático da USC e secretario da Real Academia Española, Darío Villanueva, intervén o vindeiro día 10 no ciclo ‘Os Luns do Ateneo’, coa conferencia ‘No centenario de Marshall McLuhan (1911-2011) dende a aldea global’. A partir das 20.00 horas na sede da Fundación Novacaixagalicia Claudio San Martín (r/ do Vilar 19), esta é unha iniciativa do Ateneo de Santiago coa colaboración da Deputación da Coruña.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.10.2011.