Ir o contido principal

O catedrático Wenceslao González Manteiga ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

Wenceslao González
Wenceslao González

O catedrático de Estatística e Investigación Operativa Wenceslao González Manteiga ingresará este mércores 19 como académico numerario na Real Academia Galega de Ciencias.

Na cerimonia, ás 19.00 horas no Pazo de San Roque e coa asistencia do reitor Antonio López, pronunciará o discurso de ingreso titulado ‘A Estatística Matemática na era do ‘Big Data’, ao que lle responderá o profesor Juan José Nieto Roig.

Wenceslao González O profesor González, que recentemente ingresou Institute of Mathematical Statistics, conta no seu haber con case duascentas publicacións, máis de vinte proxectos competitivos como investigador principal e máis de trinta teses de doutoramento dirixidas.

Durante a súa carreira investigadora, centrada na metodoloxía estatística non paramétrica, fixo relevantes contribucións na estimación de curvas e conxuntos, os datos funcionais ou os modelos espaciais e espazo-temporais, con aplicacións no ámbito da economía e o medio ambiente, entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.09.2018.