O catedrático Xavier Vence analiza en Valladolid o futuro da investigación universitaria
O catedrático de Economía Aplicada e coordinador do grupo ICEDE da USC, Xavier Vence, participará este xoves 9 en Valladolid nunhas xornadas sobre o futuro da universidade pública. Vence, experto en materia de política científica e innovación, intervirá nunha sesión sobre o futuro da investigación universitaria na que debaterá co director da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade, Rafael van Grieken Salvador.
As xornadas abordan cuestións como a docencia, o financiamento ou o goberno da universidade coa participación de especialistas cunha visión crítica e de defensa da universidade pública como Vera Sacristán ou Carlos Fernández Liria, e responsables universitarios como a presidenta da CRUE, Adelaida de la Calle, e os reitores das Universidades de Valladolid ou Rovira i Virgilli.