As catro centrais sindicais con representación na USC convocan asembleas en Santiago e Lugo para o Persoal Docente e Investigador
As centrais sindicais CCOO, CIG, CSIF e UGT convocan este martes 8 en Compostela e o mércores 9 en Lugo unha asemblea do Persoal Docente e Investigador. En Santiago, a xuntanza celebrarase ás 12:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Dereito e en Lugo no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior a partir das 12:00 horas.
Nesta sesión, os representantes do PDI informarán aos asistentes sobre as accións que se pretenden desenvolver con respecto aos novos criterios para o cálculo das necesidades docentes e para o recoñecemento da actividade investigadora, sobre a recente convocatoria Ramón y Cajal ou sobre a redacción do novo convenio colectivo.
A Asemblea comezará coa exposición da postura de cada sindicato, que disporán de cinco minutos cadanseu, para logo dar paso a unha quenda de debate na que intercambiar opinións cos asistentes.