O CEA da USC acollerá do 18 ao 22 de setembro o congreso internacional sobre astronomía na cultura ‘Camiño das estrelas’
O Centro de Estudos Avanzados da USC acollerá do 18 ao 22 de setembro o congreso internacional ‘ Camiño das estrelas’, un foro científico promovido polo Departamento de Historia I da USC en colaboración co Instituto de Ciencias do Patrimonio do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), e o Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC).
Este congreso internacional, que se celebra por vez primeira en Galicia e no que se agarda a participación dun centenar de investigadores sobre astronomía na cultura procedentes de 32 países de Europa, América, África, Asia e Oceanía, favorecerá o debate sobre a visión do ceo nas distintas culturas e sociedades, desde a Prehistoria ata a actualidade.
Este evento científico desenvolverá as súas sesión a través de conferencias, comunicacións orais e pósters e contempla tamén un programa lúdica aberto á participación do público en xeral. De xeito parello á celebración deste congreso, Santiago de Compostela tamén acollerá estes días a reunión anual das tres principais organización de astronomía na cultura do mundo: ISAAC, SEAC e INSAP.