O CEDE organiza unha charla sobre a relevancia das eleccións europeas 2019
O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) organiza o próximo mércores 20 a conferencia ‘ Eleccións europeas 2019, e a min qUE?’, para falar e debater sobre as particularidades e importancia das eleccións á Eurocámara a celebrar o vindeiro 26 de maio.
A partir das 17.00 horas no Salón de Actos da Faucltade de Dereito da USC, está previsto que interveña Tom Morgan da Oficina do Parlamento Europeo. A asistencia é gratuíta e aberta a todo o público interesado, sen necesidade de inscrición previa e ata completar o aforo.