Ir o contido principal

Celebración do Any Llul na Universidade de Santiago

Celebración do Any Llul na Universidade de Santiago
Celebración do Any Llul na Universidade de Santiago

No presente ano conmemóranse os setecentos da morte de Ramon Llull, un dos escritores e pensadores máis destacados da Idade Media, non só nos territorios de lingua català senón en toda a tradición cultural europea.

O Instituto Ramon Llull, cun programa internacional de actividades en universidades e bibliotecas nacionais de diversos países para difundir a súa obra e figura, elixiu a USC para acoller os actos de Conmemoración do 700 aniversario da súa morte, en recoñecemento da súa tradición en estudos de catalá.

Os actos de celebración do Any Llul, nos que ademais da Área de Filoloxía Catalá da USC colabora o Consello de Cultura Galega (CCG), comezarán este xoves 10 ás 16:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Asisten o vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López; o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a vicedecana de asuntos culturais de Facultade de Filoloxía, Mª do Cebreiro Rábade Villar; o director do Departamento de Filoloxía Galega, Francisco Cidrás, e Francisco Díaz-Fierros, do CCG.

A continuación, o comisario do Any Llull e profesor da Universitat de Barcelona, Joan Santanach, pronunciará a conferencia ‘Libros, viajes y disputas: aproximación a Ramon Llull’ e Josep Lluís Martos, da Universitat d’Alacant, fará o propio con ‘Llull y la conversión de los infieles: caballeros y clérigos’.

Xa ás 17.45 terá lugar a mesa redonda ‘Ramon Llull na erudición e investigación galegas’ na que, moderada por Andratx Badia, participaran os investigadores galegos Miguel Álvarez Soaje e Martín González Fernández, da USC, e Fernando Domínguez Reboiras, da Universidade de Friburgo, este último especializado na figura de Llull e na edición das súas obras latinas.

Os actos, de inscrición gratuíta en http://goo.gl/fSEVnO, rematarán co recital poético ás 20.00 horas El Verger de l’Amat, a cargo da actriz Montse Germán e do músico Ferran Pisà, a partir do Llibre d’Amic e Amat de Ramon Llull.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.11.2016.