Ir o contido principal

Celebran un acto in memoriam Serafín Moralejo

Este venres, día 25, ás 19,30 horas na igrexa de San Paio de Antealtares de Santiago celebrarase unha misa in memoriam Serafín Moralejo, falecido o pasado 11 de agosto e que foi durante moitos anos profesor e catedrático de Historia da Arte nas Universidades de Santiago e Harvard. Trátase dun acto de lembranza, recoñecemento e homenaxe ao profesor, organizado por un grupo de amigos, entre eles o seu irmán Juan J. Moralejo, catedrático de Filoloxía Grega da USC. A misa será cantada co oficio de defuntos gregoriano e con pezas de T.L. de Victoria, W.A. Mozart, J.S. Bach, F. Guerrero e Codex Calixtinus interpretadas polo Collegium Compostellanum, dirixido por Maximino Zumalave. Os organizadores agradecen a asistencia a este acto dos amigos de Serafín Moralejo e de “ cantos recoñezan o seu labor científico no ámbito de Santiago, o seu Camiño e a súa Arte”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.11.2011.