Ir o contido principal

O Centro de Estudos Avanzados homenaxea ao seu primeiro director

O reitor Juan Casares presidirá este xoves 5 un acto homenaxe ao profesor Carlos Acuña Castroviejo, en recoñecemento ao seu labor como primeiro director do Centro de Estudos Avanzados (CEA). A sesión comezará ás 12.30 horas na Sala de Debates do CEA e contará ademais coa presenza da actual directora, a profesora María Xosé Rodríguez Galdo; do decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal; da directora do Departamento de Fisioloxía, Rosa Señarís; e do profesor José Mª Delgado, que pronunciará unha conferencia. Carlos Acuña ocupou entre 2001 e 2005 a dirección do Centro de Estudos Avanzados, espazo universitario orientado a servir de nexo entre a comunidade científica, favorecer e impulsar a actividade interdisciplinaria ou ser un espazo preferente para a reflexión sobre o papel da Universidade. Entre as súas encomendas, o CEA tamén aspira a ser o punto de referencia para que a comunidade científica universitaria divulgue na sociedade o estado da ciencia, a técnica, as humanidades e as artes e responda ás súas preocupacións máis inmediatas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.12.2013.