Ir o contido principal

O Centro de Estudos e Documentación Europeos estrea portal web

Tamén retoma a publicación do seu Boletín Mensual e abre perfil en Facebook

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) acaba de estrear novo portal web no que, entre outros contidos, tamén se retoma a publicación do Boletín Mensual do centro. Este servizo universitario emprazado na Facultade de Dereito ademais puxo en marcha a finais de 2015 a súa conta de Facebook.

A maiores de información sobre a Unión Europea, as súas institucións, políticas e actividades, a nova web do CEDE contén orientación sobre prácticas e emprego nos estados da Unión Europea, bibliografía para investigación e traballos académicos, así como guías de uso das bases de datos oficiais da UE. Mentres no perfil de Facebook inclúense entradas sobre cuestións de actualidade relacionadas co espazo europeo, nas páxinas do Boletín atoparanse novas sobre a USC, sentenzas e lexislación, anuncios de oportunidades –de financiamento, prácticas e emprego- para os distintos colectivos da comunidade universitaria e textos elaborados por profesorado universitario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.01.2016.