Ir o contido principal

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC conmemora o Día de Europa

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia
Será este mércores 9 cunha conferencia de acceso libre en Dereito sobre a UE no período Brexit

Con ocasión da conmemoración este mércores 9 de maio do Día de Europa, o Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) organiza ese mesmo día unha conferencia de José Martín y Pérez de Nanclares sobre cuestións de actualidade. A partir das 17.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito, o profesor José Martín pronunciará a conferencia titulada ‘A UE no período Brexit: tempos de incerteza e crise’. O conferenciante é catedrático de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da Universidade de Salamanca e a entrada será libre sen necesidades de inscrición previa.

A fecha elixida para o Día de Europa rememora o aniversario da histórica declaración de Schuman. Nun discurso pronunciado en París en 1950, o ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman, expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política que fixera impensable un conflito bélico entre as nacións europeas. Esa idea era a dunha institución europea que mancomunara e xestionara a produción de carbón e aceiro. Xusto un ano despois asinouse o Tratado polo que se creaba esa institución. A proposta de Schuman considérase o comezo do que é hoxe a Unión Europea.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2018.