Ir o contido principal

O Centro de Linguas Modernas organiza unha semana cultural de Xapón

Entre os días 4 e 7 de xuño terá lugar en Santiago a Semana Cultural de Xapón, unha actividade de entrada libre e participación gratuíta organizada polo Centro de Linguas Modernas da USC e a Embaixada de Xapón. O programa dará comezo o luns 4 coa proxección, ás 12.30 horas na Aula 15 da Facultade de Dereito, da película xaponesa ‘Cuarteto’. Xa o martes 5 ás 20.00 horas na Igrexa da Universidade terá lugar un concerto do instrumento musical koto ao que asistirá o embaixador de Xapón. Tamén na Igrexa o mércores ás 20.00 horas todas as persoas interesadas poderán asistir a unha demostración da tradicional cerimonia de té. A semana cultural rematará o xoves 7 cun taller de origami, arte en papel, que se desenvolverá ás 19.30 horas na Aula 15 de Dereito.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2012.