Ir o contido principal

O Centro de Transfusión de Sangue empraza unidades móbiles nos Campus de Santiago e Lugo

O Centro de Transfusión de Sangue mantén ao longo desta semana nos Campus de Santiago e Lugo distintas unidades móbiles para que se achegue a elas toda aquela persoa interesada en doar.
En Compostela, na Facultade de Medicina existe xa unha unidade móbil que permanecerá ata este mércores 7 en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas. Este mesmo día 7 situarase outra unidade na Facultade de Ciencias da Comunicación, ao carón do plató de televisión, de 9:30 a 14:30 horas.
Xa o xoves 8, o Centro de Transfusión de Sangue colocará un punto de doazón na Aula 2 da Facultade de Filosofía. Neste caso poderase doar de 10:00 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas.
Campus de LugoNo Campus de Lugo a unidade móbil estará situada no aparcamento da Facultade de Humanidades e das Escolas de Enfermaría e Relacións Laborais, tamén en horario de mañá e tarde.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.11.2007.