Ir o contido principal

O Centro Yuzz Santiago entrega os premios de emprendemento da súa oitava edición

O Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia, acolle este mércores 5 a clausura e entrega de premios de emprendemento da VIII Edición do Programa Santander YUZZ do Centro Yuzz Santiago. Os gañadores coñecerán alí mesmo se son os merecedores dos diversos premios en metálico ou dunha viaxe a Silicon Valley.

O acto presidirao a partir das 10.00 horas a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes, acompañada do subdirector xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Juan José Lirón; do director da Oficina Universitaria de Santiago do Banco Santander, Álvaro Fernández; da presidenta da delegación de Secot na Coruña, Áurea López, e do responsable de Comunicación Corporativa de Situm, Miguel Pérez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.07.2017.