Ir o contido principal

Centros de Documentación Europea de toda España reúnense esta semana en Compostela

‘Documentación Europea no Camiño de Santiago’ é o lema das xornadas que este xoves 21 e o venres 22 reúne en Compostela a representantes de trinta Centros de Documentación Europea doutras tantas universidades españolas.
A sesión inaugural do encontro celebrarase o xoves 21 a partir das 10:30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca presidida polo reitor Senén Barro, e coa asistencia da responsable da Rede de Centros Europe Direct da Representación da Comisión Europea en España, Ana Río Quintana; do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo; e do director do Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC, Ángel García Vidal.
Deseguido, o embaixador en Misión Especial para Relacións coas institucións da Unión Europea, Enrique González, pronunciará a primeira das conferencias inaugurais, titulada ‘Prioridades da presidencia española’. Xunto a el, o investigador no Real Instituto Elcano, Ignacio Molina Álvarez de Cienfuegos, falará sobre ‘A coexistencia entra as presidencias semestrais e a presidencia estable do Consello de Europa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.01.2010.