Ir o contido principal

Charla no CHUS sobre a resonancia magnética no estudo das proteínas e ácidos nucleicos

O investigador do grupo de RMN de Biomoléculas da USC Víctor Sánchez Pedregal participa este venres, día 25, no ciclo de charlas sobre xenética médica que organiza o Grupo de medicina Xenómica compostelán.
Víctor Sánchez falará, ás 13:00 na Aula 2 da planta baixa do CHUS, da resonancia magnética no estudo das proteínas e ácidos nucleicos, metodoloxía que se está a empregar na USC para o estudo das estruturas e interaccións entre biomoléculas, alternativa e complementaria aos estudos ‘in sílico’ dos que falou Hugo na charla anterior.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.01.2008.