Nova charla do ciclo de xenética médica no CHUS
Os investigadores do Departamento de Microbioloxía do Instituto de Acuicultura da USC Isabel Bandín e Carlos Pereira falarán este venres no CHUS do seu traballo na caracterización de secuencias determinantes da patoxenicidade de dous virus de peixes: IPNV e VHSV.
A charla, enmarcada no ciclo de Xenética Médica, terá lugar ás 13:00 horas na Aula 2 da Planta Baixa do CHUS.