Charla na Facultade de Física sobre os refuxiados climáticos
O coordinador do Comité Español de ACNUR, José García, ofrece este martes 21 unha charla na Facultade de Física sobre as consecuencias das migracións producidas polo cambio climático noutros conflitos xa existentes, así como o marco xurídico global referente a esta clase de refuxiados. A charla ‘Refuxiados climáticos’ terá lugar ás 20.00 horas na Aula Magna do centro e a ela seguiralle un debate coas persoas asistentes.