Charla en Física sobre modelos estelares
Os modelos estelares é o tema dunha charla que Ramón Iglesias Marzoa, da Universidade da Laguna, pronunciará este mércores 7 nos encontros organizados mensualmente polo DOC-MEET, grupo de doutorando e doutores da Facultade de Física da USC.
Na xornada deste mércores 7, a charla de Iglesias Marzoa leva por título ‘The fundamental parameters of low-mass eclipsing binaries: a challenge for stellar models’. Será a partir das 17:00 horas na Aula 140 da Facultade de Física, dando paso deseguido a un coloquio cos asistentes.
O obxectivo destas xuntanzas mensuais é mostrar as achegas dos participantes ao mundo da ciencia e intercambiar experiencias sobre os resultados e problemas que se atopan no seu traballo cotiá como investigadores. Ademais desta sesión, o grupo ten programado para o 17 de maio unha observación astronómica en colaboración co grupo Astronomía na Beirarrúa da USC e o Club Compostelán de Astronomía Vega nos arredores da Facultade de Física.