Ir o contido principal

Charla e roteiro nocturno sobre contaminación lumínica a vindeira semana en Matemáticas

Charla e roteiro nocturno sobre contaminación lumínica a vindeira semana en Matemáticas
Charla e roteiro nocturno sobre contaminación lumínica a vindeira semana en Matemáticas

A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC organiza o xoves, 4 de maio, unha actividade sobre contaminación lumínica que comezará ás 20.30 horas cunha charla na Facultade de Matemáticas na que se explicará a quen afecta e como, cal é a situación actual en Galicia e que se pode facer para reducila e consumir luz artificial de forma responsable.

A continuación farase un percorrido nocturno circular polo Campus Vida que partirá da mesma facultade e no que se observarán diferentes tipos de iluminación e problemáticas asociadas, ao tempo que se tomarán medidas do brillo do ceo.

A actividade, guiada pola Asociación Calidade do Ceo Nocturno, contou coa iniciativa dos bolseiros de Sostibilidade, Participación e Integración Universitaria e coa colaboración dos docentes da USC Josefina Ling e Profesor Salva Bará.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.04.2017.