As charlas do grupo de posgraduados da Facultade de Física reflexionan sobre as propiedades magnéticas de nanomateriais
O investigador do Laboratorio de Sistemas do Departamento de Física Aplicada e do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC participa este xoves 7 como conferenciante do ciclo de charlas do grupo de posgraduados da Facultade de Física (DOC-MEET). A cita será ás 18:00 horas na Aula 140 da Facultade de Física, estando a charla dedicada a ‘ Superparamagnetism: nanomagnets in our everyday life’. Nela, o investigador ofrecerá a súa visión respecto das propiedades magnéticas que adquiren os materiais na nanoescala, o que posibilita, entre outras aplicacións, o aumento da capacidade de almacenamento nos discos duros dos ordenadores ou o tratamento de enfermidades como o cancro empregando nanopartículas magnéticas.