Ir o contido principal

Chega unha nova edición de ‘Queer-emos Estudos Queer’

Detalle do cartel
Detalle do cartel
Nela presentaranse as investigacións actualmente en curso na USC sobre esta temática

As investigacións que están actualmente en curso na USC sobre temática queer daranse a coñecer o 27 de xuño na Facultade de Fiololofía na que xa é a terceira edición do encontro ‘Queer-emos Estudos Queer’ que organiza o Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC (CIFEX) co apoio da Deputación da Coruña.

Nesta nova edición presentarán as súas investigacións María Vilas, José Manuel Llopis, Érika Calvo, Raquel García Otero, Sergio Cañón, Miguel Alcalde, Alexandre Garrido, Ana Sabina Sande e Pablo Calviño nunha xornada que rematará cunha posta en común a cargo das integrantes do CIFEX Aixa Permuy, Enrique Latorre e Teresa Moure.

Cartel co programa
Cartel co programa
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.06.2025.