Ir o contido principal

Chega ao seu fin o III Ciclo de Conferencias da Cátedra Unesco 226 sobre Migracións

A terceira edición do Ciclo de Conferencias da Cátedra Unesco 226 da USC sobre Migracións pechará a súa programación este venres, día 11, coa intervención do profesor da Universidade de Lisboa João Santos Ramalho Cosme.
A conferencia, que comezará ás 11:00 horas na Aula 9 da Facultade de Xeografía e Historia, leva por título ‘A emigración portuguesa para o Brasil na segunda metade do século XVIII’.
O III Ciclo de Conferencias da Cátedra Unesco 226, coordinado polo profesor Julio Hernández Borge, desenvolveuse entre abril e maio coa participación de expertos procedentes de Valladolid, Sevilla, Estremadura, Lisboa e da propia institución docente compostelá.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.05.2007.