Ir o contido principal

A chuvia rexistrada na última semana en Compostela supera a recollida nos catro meses anteriores

A chuvia rexistrada na última semana en Compostela supera a recollida nos catro meses anteriores
A chuvia rexistrada na última semana en Compostela supera a recollida nos catro meses anteriores

A serie de borrascas que afectaron Galicia a pasada semana, dende o dia 4 ao 11 ambos inclusive, deixaron en Compostela un total de 246 litros/m2. Como informa o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo, o intervalo mais chuvioso estendeuse entre as 9.00 horas do venres 9 ata as 9.00 horas do sábado 10, con 65,7 l/m2 rexistrados.

Con esta cantidade de choiva, “que supera á dos meses de xullo, agosto, setembro e outubro xuntos”, a cidade de Santiago recupérase da seca sufrida a finais do verán, onde apenas chovera en dous meses, explica o profesor Docobo.

En total, no que vai de ano lévanse recollidos 1.600 l/m2, cantidade que próxima á media anual das últimas décadas, que está en 1.800 l/m2. Todas as medición realizáronse na estación meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, centro colaborador da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.11.2018.