Ir o contido principal

Un ciclo de conferencias repasará as aplicacións que ten a bioestatística en ámbitos da vida moi diversos

Ten carácter gratuíto e celebrarase en Matemáticas o 3 de maio

A Rede Galega Inbioest, o grupo interdisciplinar de Bioestatística (GRIDECMB-USC) e polo grupo Brainshark-USC organizan o segundo ciclo de conferencias ‘Bioestatística para vivir’ que se vai celebrar na Aula Magna da Facultade de Matemáticas o vindeiro 3 de maio en horario de tarde. É unha xornada estruturada en cinco charlas a cargo de investigadores de recoñecido prestixio, marcadas cun enfoque divulgativo e dirixidas a todos os públicos. A súa finalidade é difundir as diversas aplicacións que ten a bioestatística en ámbitos da vida moi diversos.

Esta é unha actividade de carácter gratuíto para a que é preciso realizar unha inscrición previa que se pode formalizar ata o próximo 2 de maio cubrindo o formulario dispoñible na web http://www.icbusc.com/event/ciclo_bioestadistica_inbioest_2017. As persoas que así o soliciten poderán recibir un certificado de asistencia. Na súa celebración colaboran a Facultade de Matemáticas e a spin-off Biostatech.

Entre os relatores xa confirmados atópanse Pedro Diz Dios, da área de Estomatoloxía; Carola Gómez Rodríguez, da de Ecoloxía; Arturo González Quintela, de Medicina Interna; Carlos Lago Pena, da Área de Deportes; e Fernando Muñoz Guzón, de Veterinaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.04.2017.