Ir o contido principal

Un ciclo de documentais cinematográficos achegará en abril a realidade do pobo saharauí

Un ciclo de documentais cinematográficos achegará en abril a realidade do pobo saharauí
Un ciclo de documentais cinematográficos achegará en abril a realidade do pobo saharauí

A Facultade de Filosofía da USC será o marco de proxección dun ciclo de documentais, con presentación a cargo de especialistas e posterior coloquio, que trasladará o público os luns e mércores entre o 8 e o 24 de abril á realidade do pobo saharauí, cunha historia marcada pola loita de descolonización que iniciou contra España e hoxe a enfronta politicamente a Marrocos. O ciclo ‘Espellos dende o Sahara. Un pobo rachando as arañeiras do esquecemento’ preséntase este martes, 2 de abril, ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca nunha rolda de prensa na que participan o vicerreitor de Cultura, Francisco Durán; o catedrático de Historia do Cinema, Luis Hueso; o vicepresidente de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Enrique Porto; e o delegado saharauí en Galicia, Habibulah Mohamed Kori, que participará no coloquio da proxección que abre o ciclo o día 8 xunto co escritor Manuel Rivas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.04.2013.